Benvida/o a Juste Kamishibai, papel e teatro

Juste Kamishibai e un proxecto vivo e dinámico. Traballamos con ilusión, con compromiso e con un profundo respeto pola cultura. As nosas actividades e montaxes desenrólanse a través de dous pilares fundamentais: a creatividade e a pedagoxía.

Intentamos difundir de maneira creativa, valores que consideramos fundamentais para as nenas e nenos:

o amor e o respeto polos demáis, polos animais e pola natureza.

Disfrutamos transportando a pequenos e maiores ó mundo dos soños, transmitindo de maneira creativa infinidade de historias e relatos, a maioría creados por nós.

Extraordinario

Oferta Teatros de papel personalizados para regalar en Nadal

“Cada peza é única, feita a man e pensada para ti.”

 

Este Nadal podes sorprender cun agasallo único: un teatro de papel creado especialmente para ti.
Cada peza está ilustrada e construída de maneira artesanal, pensada para converterse nun recordo inesquecible.

------------------------------------------------------------------------------------------------------

Só aceptarei un número limitado de encargos personalizados, dispoñibles ata o 31 de outubro.

Deixa que a túa historia cobre vida nun escenario en miniatura e regala algo tan máxico como atemporal.

 Escríbeme para reservar o teu encargo antes de que se pechen as prazas.

novas

Extra Terrestre

Novo montaxe de teatro de papel pop-up, Kamishibai e Emakis, na que se conta a historia dun

"Extra Terrestre" moi peculiar.

Novos obradoiros

Ampliamos a nosa oferta de obradoiros, para enriquecer mais a experiencia pedagóxica e lúdica.

 

Deseño e construción a demanda

.Deseñamos, ilustramos e construímos, teatros de papel a demanda de particulares e profesionais.

 

“Papeis que contan historias, ilustracións que cobran vida.”

“Máis de 30 anos transformando o papel en arte e emoción.”

Contáctanos

¡Contáctanos para reservar unha actuación en vivo, inscribirte nun dos nosos obradoiros de kamishibai ou solicitar un deseño personalizado de teatro de papel!

Sobre nós

Juste Kamishibai, papel e teatro é un proxecto apaixonado e comprometido coa difusión da cultura do kamishibai e o teatro de papel. O noso equipo está formado por artistas, narradores e músicos dedicados a ofrecer experiencias inesquecibles a través desta técnica.

Crea tu propia página web con Webador